Somos un colexio privado concertado, aconfesional e respectuoso con todas as crenzas, manifestándose tamén libre de calquera tendencia ideolóxica ou política.
A súa historia remóntase á década dos cincuenta, cando xorde como centro privado da man de D. Robustiano de Castro Carballeira, converténdose nun referente na educación e formación da xuventude da bisbarra e mesmo de Galicia.
No ano 1981 traspásase a titularidade a unha Sociedade Cooperativa que continúa ata o momento actual.
O ensino que impartimos abrangue dende Educación Infantil, Primaria e Secundaria, en réxime de concerto educativo coa Xunta de Galicia.
O noso obxectivo é a formación integral da persoa. Educamos para liberdade e responsabilidade dende proximidade e a esixencia, en estreita colaboración coas familias. Así os nosos alumnos poderán enfrontarse a unha sociedade cada vez máis aberta, cambiante e plural, cunha bagaxe académica, uns principios e valores que lles permitirán trazar o seu futuro dende a solidariedade e o respecto ás persoas e ao medio.